Competición

Novas da Competición - Torneos

2ª Fase do XXV Torneo de Primavera Malca-Cluteca

Xa tedes os calendarios coas xornadas e partidos dos cadros finais polo Campionato e o de Consolación da 2ª fase do Torneo. Consultádeas xa que comeza o vindeiro fin de semana!

| Featured Post

1ª Fase do XXV Torneo de Primavera Malca-Cluteca

Xa tedes os calendarios coas xornadas e partidos para cada un dos sete grupos da 1ª fase do Torneo. Consultádeas xa que comeza a primeira xornada mañán mesmo!

| Featured Post

XXV Torneo de Primavera Malca-Cluteca

Como cada primavera, a partir do 9 de maio comezará o XXV Torneo de Tenis Primavera Malca-Cluteca. Achegamos o cartel e o enlace na web do club onde poderedes obter toda a información sobre o evento: XXV Torneo Primavera. INSCRICIÓN

| Featured Post

As variadas competicións de tenis que desenvolve ou nas que participa o Club de Tenis de Cangas, implican un esforzo  considerable para un club modesto coma o noso.

CLUTECA organiza múltiples Torneos ao longo do ano para tenistas federados e non federados, unha Liga de Tenis para os e as xogadoras da comarca do Morrazo e participa nas competicións do Campionato Galego por Equipos da FGT en moitas das súas categorías. Destacar tamén a participación de varios dos seus socios no Campionato de España de Tenis organizado pola RFET, e onde na edición de dobres da categoría +80 de 2019 tivemos un campión do club. Case nada!

O desenvolvemento de todos os torneos, liga e campeonato galego fai de CLUTECA un dos clubes da comunidade que maior número de eventos relacionados co tenis pon en práctica cada ano, e que tamén move a un maior número de xogadores e xogadoras en todos eles.

Estas son as competicións organizadas polo club ou nas que participa: