Protocolos COVID

Tras a publicación do Decreto 179/2020 e da Orde do 4 de novembro de 2020, a FGT comunicou sobre a práctica deportiva do tenis que esta redúcese a aquelas personas que estean en posesión dunha licenza federativa, tanto para entrenamentos como para competición. Unicamente permítese o deporte federado.

A utilización das instalacións municipais de Rodeira e do CEIP de San Roque implica o cumprimento estricto destas normas e do Protocolo COVID 19 de CLUTECA, que xa vimos aplicando desde o mes de maio: «Os/as xogadores/as comprométense a cumprir as normas para a práctica deportiva, así como a realizar a limpeza e desinfección posterior do material e zonas comúns da instalación, todo baixo a súa única responsabilidade».

Os síntomas máis frecuentes da enfermidade son os seguintes: febre, tos seca, cansanzo, dores e molestias, conxestión nasal, dor de cabeza, conxuntivite, dor de gorxa, diarrea, perda do gusto ou olfato, erupcións cutáneas, cambios de cor nos dedos de mans ou pes. No caso de presentar algún síntoma suspenderase a práctica deportiva.

Información actualizada dos organismos oficiais a seguir sobre medidas de prevención COVID: