Liga de Tenis do Morrazo

A Liga de Tenis de referencia na península do Morrazo

Xunto co Torneo Nodosa, trátase da competición máis lonxeva das organizadas polo Club de Tenis de Cangas, indo xa pola XXIX edición, a piques de celebrar este ano 2021.

Sendo un Torneo que se desenvolve ao longo de seis meses, de outubro a finais de marzo, aglutina a unha gran cantidade de xogadoras e xogadores repartidos nos diferentes grupos que conforman a primeira fase do torneo tipo liga.

Xa na segunda fase, os grupos organízanse segundo a clasificación obtida na primeira fase, o que dota de gran emoción á competición a medida que se achega o resultado final.

E como non podía ser doutro xeito, o Torneo conta cun socio colaborador que ven participando nos eventos do club desde fai algún tempo: o pub O Ghato de Mar,  aportando o seu apoio e colaboración á promoción do tenis entre todos os amigos e amigas deste deporte.

Edicións da Liga de Tenis do Morrazo