XXIX Liga de Tenis Ghato de Mar

A Liga de Tenis do Morrazo, xa pola súa XXIX edición, ponse de novo en marcha neste mes de outubro de 2021, e cun novo patrocinador, o pub cangués O Ghato de Mar.

Nos seguintes enlaces tedes toda información sobre as xornadas de xogo, o calendario e as normas xerais que rexerán a competición:

Enlaces correspondentes á segunda fase da Liga a partir de xaneiro de 2022:

 

O sábado 30 de abril terá lugar ás 12:00 h a entrega de trofeos da XXIX Liga de Tenis do Morrazo-Ghato de Mar, na terraza do Ghato de Mar. O prazo para xogar partidos atrasados será ata o día 29 de abril.

O pasado 30 de abril realizouse a entrega de trofeos aos tres primeiros clasificados de cada grupo da XXIX Liga de Tenis do Morrazo-Ghato de Mar, e estes foron os xogadores:

Grupo 1: 1º Santi Domínguez, 2º Berto Molanes, 3º Javi Palmas

Grupo 2: 1º Anxo Pesqueira, 2º J. L. Gestido, 3º Roque Fernández

Grupo 3: 1º Jacobo Carrera, 2º J. J. Ruibal, 3º Toño Faro

Grupo 4: 1º Diego Vicenzutto, 2º Sergio Piñeiro, 3º Iván Vilas

Noraboa a todos e tamén ao resto de participantes. E como non, agradecer ao Ghato de Mar por acoller este acto de entrega de trofeos e o patrocinio prestado ao longo do torneo.

Vémonos na videira Liga 2022-2023!