A Escola

Novas da Escola

Escola Cluteca 23-24

Xa tedes a información para o próximo curso 23/24 da Escola de Tenis que comezará o próximo luns 2 de Outubro. E este é o  Formulario de inscrición.No formulario tedes o calendario anual da Escola, as tarifas e os días … Read More

| Featured Post

Escola de verán 2023

Os meses de xullo e agosto son tempo de tenis na Escola de Verán de Tenis de Cluteca, tanto para adult@s como para rapaces e rapazas, para todas as idades e niveis. Como xa ven sendo habitual nos últimos anos, … Read More

| Featured Post

Curso 2022-23. Escola de Tenis

Comezamos o novo curso escolar 2022-23 tamén na Escola de Tenis de Cluteca. Así que xa vos podedes inscribir visitando a sección da web adicada á Escola de Tenis, onde atoparedes toda a información sobre o comezo das clases a … Read More

| Featured Post

Escola de Tenis permanece aberta todo o ano excepto o mes de setembro. Poden asistir tódalas persoas interesadas en iniciarse ou perfeccionar este deporte. Os monitores do club están altamente cualificados para o ensino do tenis. Para poder asistir é preciso inscribirse previamente.

A escola imparte as clases no CEIP San Roque e en cursos de diferentes niveis: MINITENIS – INICIACIÓN – PERFECCIONAMENTO – COMPETICIÓN – ADULTOS. Na ficha atoparedes toda a información referente ás clases, tarifas ou seguro deportivo.

CURSO 2023-24

Enlace ao Calendario de clases do Curso 2023-24

Enlace ao Formulario de inscrición para o Curso 2023-24

No formulario atoparedes toda a información sobre as Normas Xerais da Escola, as tarifas actualizadas e o seguro da FGT. 

E a continuación tedes o horario provisional por niveis:

ESCOLA DE VERÁN CLUTECA 2023

Os meses de xullo e agosto son tempo de tenis na Escola de Verán de Tenis de Cluteca, tanto para adult@s como para rapaces e rapazas, para todas as idades e niveis.

Como xa ven sendo habitual nos últimos anos, as clases dos nen@s serán en horario de maña, Lu/Me/Ve en San Roque para os grupos de competición e nivel alto, e os Ma/Xo en Rodeira para os grupos de menor idade/nivel.
 
Os adultos terán 3 días de entreno, Ma/Me/Xo sempre en San Roque. É importante que os adultos que entrenaban Luns e Sábados busquen outra opción nos días ofertados, o resto manterán o horario de inverno.
 
Confirmade canto antes os días de asistencia para facilitar unha boa organización da Escola, así mesmo para garantizar a vosa praza!
 
Enlace para a inscrición na Escola de Verán.

Na actualidade, o Director Deportivo de CLUTECA, Jorge González Álvarez, é o responsable da Dirección da Escola e da coordinación do equipo de entrenadores da mesma, así como dos equipos federados que compiten no campionato galego por equipos.

Se queredes información máis detallada acerca do funcionamento da escola, dos grupos de clase ou organización dos horarios, poñédevos en contacto a través do teléfono 605037427 ou no mail escolacluteca@gmail.com.

Programa Deportivo municipal é un conglomerado de actividades extraescolares que se ofertan dende a Concellaría de Deportes, para os nenos/as de educación infantil e primaria, dos 10 centros educativos do Concello de Cangas.

As actividades son impartidas polos monitores responsables dos propios clubs deportivos do municipio, xa que o obxectivo principal deste programa é dar a coñecer a actividade nos colexios, e se lles gusta que o seu tránsito a un club sexa máis sinxelo.

CLUTECA participa nestes programas desde a creación da súa Escola de Tenis, tendo sempre unha ampla acollida nos colexios de Cangas, facendo do tenis escolar unha ponte cara a participación posterior na Escola do club.

A finais de tempada, no mes de xuño, celébrase a Festa de Tenis Escolar como colofón das tarefas levadas a cabo nos distintos colexios do Concello, na que participan  @s nen@s dos centros nos que o club imparte clases de tenis semanalmente, en colaboración coa  Concellería de Deportes de Cangas e outros establecementos da vila.

Xogos, merenda, sorteo de diferentes premios donados por ditos establecimientos e moito tenis.

É tamén un bo momento para ser solidarios e recadar fondos para diferentes organizacións, como Prote Animais Morrazo na última edición.

E se queredes estar ben informados de todo o que acontece na Escola de Tenis de CLUTECA, non deixedes de visitar o noso Facebook
E tamén o noso Instagram