Ata o de agora non temos novidades respecto á obra do pavillón, polo que a Escola de Tenis decidiu retomar as clases este xoves 19 nas pistas exteriores sempre que o tempo acompañe.

Para iso non queda máis remedio que estar pendentes das previsións meteorolóxicas e dos teléfonos, xa que é probable que moitos días teñamos que facer cancelacións de última hora.

Esta non é a solución ideal, pero é o mellor que podemos ofrecer polo momento.

Seguiremos informando de todo o que aconteza relacionado con este tema.

Comments are closed.