Quen somos

O CLUB DE TENIS DE CANGAS é unha asociación deportiva sen ánimo de lucro que ten como fin primordial o fomento e a práctica do tenis. CLUTECA está afiliado á RFET e á FGT (Federación Galega de Tenis).

Foi fundado no ano 1992 e desde aquela o número de socios e socias foi en aumento.

Entre as actividades que desenvolve CLUTECA pódense destacar:

  • As orientadas a promocionar o tenis entre a poboación infantil, tendo a súa orixe nos centros de infantil e primaria. 
  • A organización de torneos sociais e abertos nos que participan os e as mellores tenistas de Galicia. 
  • A Escola de Tenis, que funciona todo o ano,  e é un pilar fundamental na práctica do tenis.

Todo isto contribúe a que a afección a este deporte na nosa comarca vaia en constante aumento. CLUTECA utiliza pistas municipais para estas actividades, pero tendo sempre no punto de mira a realización dun proxecto deportivo propio do club: a construcción en Cangas dunha zona deportiva, con pistas de tenis e pádel, local social e pista polideportiva.

Na actualidade CLUTECA utiliza as seguintes instalacións:

Pistas de Rodeira, na praia de Rodeira (2 pistas ao aire libre e xunto ao mar).

Pavillón do CEIP de Coiro, na parroquia de Coiro, con dúas pistas de cemento cubertas.

Pistas e pavillón do CEIP de San Roque, na parroquia de Darbo, con dúas pistas exteriores e tres cubertas, onde ademáis de ter a sede da Escola de Tenis, tamén organízanse os torneos de máis relevancia do Club ao longo do ano, e son as pistas usadas polos equipos de CLUTECA para xogar os campionatos galegos nas súas diferentes categorías.

A Xunta Directiva de CLUTECA está formada por:

  • Presidencia: Carlos González Jorge 
  • Tesourería: José Luis Gestido Porto e Lorenzo J. Lorenzo Estévez
  • Secretaría: Darío Lata Blanco
  • Vogais: Jorge Bernárdez Ferradás e Jose A. González González.

Para facerse socia ou socio de CLUTECA nada máis tedes que cubrir o seguinte formulario.

Ficha de Socio/a

Existen dúas modalidades de asociarse ao club, tal e como se recolle nos Estatutos do Club:

  • Socio/a propietario/a (numerario/a)
  • Socio/a non propietario/a (deportivo/a)

E tamén dúas variantes para cada opción, individual ou familiar. Na ficha de inscrición atoparedes recollidas todas as características de cada unha das formas de asociación.