Torneo Nodosa-Cluteca

O Torneo bandeira de Cluteca

Xunto coa Liga de Tenis do Morrazo, trátase do Torneo máis lonxevo dos organizados polo Club de Tenis de Cangas, indo xa pola XXVII edición, celebrada no ano 2019.

Sendo un Torneo que se desenvolve ao longo de todo o mes de xullo nas diferentes categorías (alevíns, infantiles, veteranos, absolutas, dobres, etc) aglutina a unha enorme cantidade de xogadoras e xogadores, sendo o torneo con maior diversidade dos celebrados anualmente.

E como non podía ser doutro xeito, o Torneo conta cun colaborador dos máis representativos da comarca do Morrazo: a empresa naval Nodosa Group,  que leva estes 27 anos aportando o seu apoio e colaboración á promoción do tenis entre todos os amigos e amigas deste deporte.

 

Edicións do Torneo Nodosa-Cluteca