XXVIII Torneo de Tenis Nodosa-Cluteca

Resultados do Torneo

Un ano máis, rematamos o Torneo Nodosa-Cluteca na súa derradeira semana celebrando as finais correspondentes as categorías absolutas e júnior que, coma sempre, foron disputadas e moi emocionantes, ao igual que o resto das categorías. 

Agradecer desde o club a súa participación a todos os xogadores e xogadoras, aos compoñentes dos nove equipos de Cluteca no Campionato Galego e  que se uniron a esta festa final, aos asistentes a todos partidos e entrega de trofeos, e como non, ao patrocinador do torneo, Nodosa Group, pola súa inestimable colaboración para a súa celebración, e agardando contar con eles para a vindeira XXIX edición.

 

Categoría Cadete

Campión: Pablo Lavandeira; Finalista:  Anxo Pesqueira

Categoría Júnior

Campión: Xaime Martínez; Finalista: Izán Casado

Categoría Veteranos +35

Campión: Nacho Trigo; Finalista: Berto Molanes

Categoría Veterano +45

Campión: Ricardo Vázquez; Finalista: Berto Molanes

Categoría Dobres Mixtos

Campións: Navia e Jorge G.; Finalistas: Lara e Xaime

Categoría Dobres Masculino

Campións: Mario A. e Mario O.; Finalistas: Xaime e Tristán

Categoría Absoluto Ind. Masculino

Campión: Jesús Santomil; Finalista: Sergio Peñafiel

Categoría Absoluto Ind. Feminino

Campiona: Cloe Casado; Finalista: Sandra Fariña

Inscrición

Presentamos o XXVIII Torneo de Tenis Nodosa-Cluteca aos socios e socias de Cluteca e a todos e todas as amantes do tenis, que tristemente tivemos que suspender o pasado ano por mor da grave situación producida pola pandemia do COVID-19. 

Coa situación sanitaria aínda pendente de resolverse e tendo en conta todas as recomendacións dos organismos oficiais (Ministerio, Consellería de Sanidade e FGT), afrontamos con renovadas enerxías a realización do Torneo más lonxevo do club e no seu formato habitual por categorías.

A inscrición no torneo obriga ao cumprimento da normativa sanitaria e deportiva en materia do COVID-19 recollida na nosa web.

Agradecer como sempre o apoio do principal patrocinador do Torneo, Nodosa Group, que tras 27 edicións, sigue presente un ano máis prestando a súa colaboración.

A inscripción do Torneo realizarse na plataforma de Ibertenis a través do seguinte enlace:

Inscrición 1ª semana

Categorías: Infantil, +45, Dobres Mixtos

Inscrición 2ª semana

Categorías: Cadetes, Dobres Masculinos, +35

Inscrición 3ª semana

Categorías: Alevín, Júnior, +55, Absoluto

Achegarase o xustificante de pago a través do mail do club, cluteca@gmail.com.

O regulamento o atoparedes nas seguintes Bases do Torneo.

Consultade o peche das inscripción no arquivo das bases.

Calquera solicitude de información adicional realizarase a través do mail, cluteca@gmail.com.

Horario-Cadros

O seguemento do torneo (listaxes de xogadores/as, horarios, cadros e resultados) farase na web de Ibertenis nos seguintes enlaces: 1ª Semana     2ª Semana     3ª Semana