Presentamos a nova tempada en Cluteca co anuncio da XXXIII Liga de Tenis do Morrazo. Ata o vindeiro domingo 19 de outubro poderase realizar a inscrición no torneo nos seus diferentes grupos. Para apuntarse, poñédevos en cotacto con calquera membro … Read More
Competición
Novas da Competición - Torneos
III Master Galego de Tenis de Veteran@s – H4 Hotel
Presentamos o III Master Galego de Tenis de Veteran@s-H4 Hotel 2025 que se celebrará do 30 de outubro ao 2 de novembro nas instalaciones do CEIP de San Roque, en Cangas. O peche das inscricións será o 26 de outubro. Calquera solicitude de información adicional … Read More
Finais do XXIV Torneo Aberto Concello de Cangas
Tras unha semana de dura competición, mañán domingo 31 de agosto terán lugar as finais do XXIV Torneo Aberto de Tenis Concello de Cangas, nas súas diferentes categorías. Comezaremos ás 10:00 h e ao remate, como xa é tradición, teremos … Read More
As variadas competicións de tenis que desenvolve ou nas que participa o Club de Tenis de Cangas, implican un esforzo considerable para un club modesto coma o noso.
CLUTECA organiza múltiples Torneos ao longo do ano para tenistas federados e non federados, unha Liga de Tenis para os e as xogadoras da comarca do Morrazo e participa nas competicións do Campionato Galego por Equipos da FGT en moitas das súas categorías. Destacar tamén a participación de varios dos seus socios no Campionato de España de Tenis organizado pola RFET, e onde na edición de dobres da categoría +80 de 2019 tivemos un campión do club. Case nada!
O desenvolvemento de todos os torneos, liga e campeonato galego fai de CLUTECA un dos clubes da comunidade que maior número de eventos relacionados co tenis pon en práctica cada ano, e que tamén move a un maior número de xogadores e xogadoras en todos eles.
Estas son as competicións organizadas polo club ou nas que participa: