Xa tedes os calendarios coas xornadas e partidos dos cadros finais polo Campionato e o de Consolación da 2ª fase do Torneo. Consultádeas xa que comeza o vindeiro fin de semana!
Competición
Novas da Competición - Torneos
1ª Fase do XXV Torneo de Primavera Malca-Cluteca
Xa tedes os calendarios coas xornadas e partidos para cada un dos sete grupos da 1ª fase do Torneo. Consultádeas xa que comeza a primeira xornada mañán mesmo!
XXV Torneo de Primavera Malca-Cluteca
Como cada primavera, a partir do 9 de maio comezará o XXV Torneo de Tenis Primavera Malca-Cluteca. Achegamos o cartel e o enlace na web do club onde poderedes obter toda a información sobre o evento: XXV Torneo Primavera. INSCRICIÓN
As variadas competicións de tenis que desenvolve ou nas que participa o Club de Tenis de Cangas, implican un esforzo considerable para un club modesto coma o noso.
CLUTECA organiza múltiples Torneos ao longo do ano para tenistas federados e non federados, unha Liga de Tenis para os e as xogadoras da comarca do Morrazo e participa nas competicións do Campionato Galego por Equipos da FGT en moitas das súas categorías. Destacar tamén a participación de varios dos seus socios no Campionato de España de Tenis organizado pola RFET, e onde na edición de dobres da categoría +80 de 2019 tivemos un campión do club. Case nada!
O desenvolvemento de todos os torneos, liga e campeonato galego fai de CLUTECA un dos clubes da comunidade que maior número de eventos relacionados co tenis pon en práctica cada ano, e que tamén move a un maior número de xogadores e xogadoras en todos eles.
Estas son as competicións organizadas polo club ou nas que participa: