Presentamos o IV Torneo Social Cluteca que desenvolveremos este ano do 10 ao 19 de setembro nas instalacións do CEIP de San Roque e estará aberto @s asociad@s a Cluteca, alumnado da escola de tenis e o resto da veciñanza do concello. A inscrición para tod@s @s soci@s do club será gratuita e  poderedes facela ata o 6 de setembro.
Esta inscrición obriga ao cumprimento da normativa sanitaria e deportiva en materia do COVID 19 e que podedes consultar na web do club.
Toda a información sobre o torneo, inscrición, cadros, horarios, así como a normativa e protocolos xa coñecidos de uso das instalacións farase a través da web do IV Torneo Social Cluteca.
Comments are closed.