IV Torneo Social Cluteca

Resultados do Torneo

 

 

Esta mañana celebráronse as finais absoluta e de consolación do IV Torneo Social Cluteca nas instalacións exteriores do CEIP de San Roque. E os resultados foros os seguintes:

Final absoluta

Javi Palmás/Jose Borrego 6/1, 6/3

Final de consolación

Xaime Martínez/Pablo Lavandeira 6/4, 6/2

Noraboa aos Campións e tamén aos finalistas por este gran torneo co que abrimos unha nova tempada de tenis en Cluteca. E como non, agradecer a participación de tod@s @s xogador@s do torneo nestas dúas intensas semanas de tenis.

Inscrición

Presentamos o IV Torneo Social Cluteca  á comunidade tenística de Cangas e que se desenvolverá do 10 ao 19 de setembro nas instalacións do CEIP de San Roque. A inscrición no torneo realizarse a través dos teléfonos do club, 650424134/35/36 ou o noso mail, cluteca@gmail.com.

Dita inscrición obriga ao cumprimento da normativa sanitaria e deportiva en materia do COVID 19 recollida na nosa web.

O regulamento atópase nas seguintes bases do torneo.

A inscrición rematará o 6 de setembro ás 16:00 h.

Para tod@s @s soci@s do club o torneo é gratuito, sendo a cota para alumnado da escola de tenis de 5 € e de 10 para o resto da veciñanza.

Se precisades máis información adicional sobre o torneo escribide a cluteca@gmail.com.

Horarios - Cadros

Actualización dos cadros de xogo e horarios das categorías

Cadro Absoluto (actualización 17/9/21)