Home – Call to Action

CLUTECA

Club de Tenis de Cangas, 1992 - 2022 30 Aniversario

Novas recentes

Proclamación da Xunta Directiva do Club

Finalizado o proceso electoral realizado no meses de marzo e abril á Xunta Directiva de Cluteca, o Servizo de Deportes da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ven de rexistrar a inscrición da única candidatura presentada a dito procedemento, encabezada … Read More

| Featured Post

XXXI Liga de Tenis: Remate final

Tras a finalización da segunda fase da Liga de Tenis do Morrazo, o prazo para poder xogar partidos aprazados, pendentes, etc, será ata o 5 de maio inclusive. Lembrade reservar pista en San Roque para que non haxa problemas de … Read More

| Featured Post

Proceso electoral á Xunta Directiva de Cluteca

Este sábado 9 de marzo celebrouse a Asemblea Extraordinaria correspondente á convocatoria ao proceso electoral á Xunta Directiva de Cluteca, como corresponde cada catro anos. Dito procedemento está aberto a todos os socios e socias numerarios do club, tal e … Read More

| Featured Post

Cluteca, Cangas e o Tenis

As actividades organizadas por CLUTECA son numerosas e variadas, destacando as orientadas á promoción do tenis entre os máis pequenos e pequenas. Organizamos ao longo do ano un grande número de torneos na vila de Cangas nos que participan os e as mellores tenistas de Galicia. A Escola de Tenis, que funciona durante todo o ano, é para nós un dos pilares fundamentais na práctica do tenis. Ademais contamos con diferentes equipos federados participando nos torneos organizados pola Federación Galega de Tenis.

A Escola

Poñemos a disposición dos participantes da escola clases en grupos de iniciación, perfeccionamento e competición para todas as idades. Tenis para tod@s!

Competición

Contamos tanto con competicións federadas como non federadas en distintos formatos. Podes anotarte tanto á liga anual como a torneos estacionais, nos que poderás atopar ás mellores raquetas da comunidade, ou defender as cores do club participando cos equipos no Campionato Galego.

Organismos colaboradores

Entidades colaboradoras

Contacto

Faite Socio/a

Solicitude

Grupos e clases

Apúntate á Escola

Competicións

Inscríbete nos Torneos

Información

Mail: cluteca@gmail.com

Mail Escola: escolacluteca@gmail.com

Enderezo postal: Apdo. 195. Cangas, Pontevedra, 36940

Teléfonos Directiva: 6504241 36 – 650424135 – 650424134 – 650424133

Teléfono Escola: 605037427

Instalacións:

CEIP San Roque

Pistas municipais de Rodeira

Como chegar

CEIP San Roque

As instalacións principais de CLUTECA están situadas no CEIP San Roque, na Rúa do Tobal 30, en Cangas, Pontevedra, 36949.

Contamos con dúas pistas exteriores e tres pistas cubertas no pavillón do CEIP.

CLUTECA contra a violencia de xénero