I Master Galego de Tenis de Veteran@s – H4 Hotel

Inscrición

Presentamos o I Master Galego de Tenis de Veteran@s-H4 Hotel 2023 que se celebrará do 12 ao 15 de outubro nas instalaciones do CEIP de San Roque, en Cangas.

Agradecer moi especialmente  o  patrocinio do H4 Hotel, que desde o minuto un do proxecto decidió prestar a súa colaboración e animar ao club na celebración deste torneo, que inicia este ano a súa andadura e onde se xuntarán as mellores raquetas tanto das categorías femininas como masculinas do rankin galego.

O regulamento o atoparedes nas seguintes Bases do Torneo.

O peche das inscricións será o 9 de outubro.

Calquera solicitude de información adicional realizarase a través do mail, escolacluteca@gmail.com

A inscrición do torneo realizarse na plataforma de Ibertenis:

Achegarase o justificante de pago a través do mail do club, escolacluteca@gmail.com.

As categorías do torneo son as seguintes:

  • Femininas: +35, +45, +55
  • Masculinas: +35, +45, +55, +65

Horario-Cadros

O seguemento do torneo (listaxes de xogadores/as, horarios, cadros e resultados) farase na web de Ibertenis. 

Resultados finais

O pasado domingo 15 de outubro celebráronse as finais do Torneo nas pistas do pavillón de San Roque, por mor da chuvia.

Desde o club queremos agradecer a tod@s @s asistentes á cita a vosa presenza,  especialmente a da Concelleria de Deportes, Sagrario Martínez, e aos concelleiros Antón Iglesias e Fran Soliño.

E como non, o noso recoñecemento e agradecemento ao H4 Hotel e a todo o seu personal, encabezado por Sergio Lage, polo patrocinio e colaboración no desnvolvemento deste evento que trouxo a Cangas ás mellores raquetas da comunidade.

Despois dos tres días de competición deste 1º Máster Galego de Veter@ns, os resultados en cada categoría foros os seguintes:

  • Feminina: Campiona Olga Fernández. Finalista Yolanda Colmenero.
  • + 65: Campión José Deus. Finalista Carlos González.
  • + 55: Campión Juan M. Martínez. Finalista Abel Rodríguez.
  • + 45: Campión Javier Iglesias. Finalista Ricardo Vázquez.
  • + 35: Campión Nacho Trigo. Finalista David Vidal.

Noraboa a tod@s!!!

Máis imaxes e información no noso Facebook e Instagram