Arrancamos a Liga de Tenis do Morrazo e xa imos pola 33ª edición, contando neste curso deportivo coa colaboración e patrocinio de Manolo Mañanita. Desde Cluteca, o noso agradecemento polo seu interés no desenvolvemento do tenis en Cangas e a axuda prestada na organización deste torneo.
Inscrición
O prazo será ata o 31 de outubro.
A competición dará comezo o sábado 8 de novembro.
A primeira fase rematará o 30 de decembro. A segunda fase irá do 17 de xaneiro ao 30 de marzo.
O sistema de competición a tedes desenvolta nas Normas Xerais, así como toda a información relevante en torno ao torneo.