XXXII Torneo de Tenis Nodosa-Cluteca

Inscrición

Presentamos o XXXII Torneo de Tenis Nodosa-Cluteca aos socios e socias de Cluteca e a todos e todas as amantes do tenis.

Agradecer especialmente  o  gran apoio do principal patrocinador do Torneo, Nodosa Group, que tras máis de 30 edicións, segue presente un ano máis prestando a súa colaboración e animando ao club na celebración deste torneo xa clásico do verán de Cangas.

Ademais, este ano a empresa celebra o seu 50 Aniversario polo que tratarase dunha edición moi especial do torneo. Parabéns!

O regulamento o atoparedes nas seguintes Bases do Torneo.

Consultade o peche das inscripción no arquivo das bases.

Calquera solicitude de información adicional realizarase a través do mail, cluteca@gmail.com

Resultados finais

O pasado domingo 20 de xullo celebráronse as derradeiras finais do Torneo nas pistas de San Roque, tras dúas semanas de competición. 

Desde o club queremos agradecer a tod@s @s asistentes á cita a vosa presenza,  especialmente ao Concelleirao de Deportes, Eugenio Fernández, e ao representante dos grupos municipais José L. Gestido, así como a Manuel e a Daniel Dopico, representantes de Nodosa Group, patrocinador do torneo no 50 Aniversario da empresa.

E estes foron os resultados finais por categorías:

  • Sub 15: Campeón Hugo. Finalista Xian.
  • Dobres Mixtos: Campións Navia Otero/Álex González. Finalistas Marta e Pablo Acción.
  • Dobres Masculino: 
  • Vet. + 35: Campión Nacho Trigo. Finalista J. A. Conde.
  • Vet. + 45: Campión Javi Palmás. Finalista Santi Domínguez.
  • Vet. +55: Campión Javi Palmás. Finalista Berto Molanes.
  • Absoluto non federado: Campión Álex Mera. Finalista Diego Martínez.
  • Absoluto masculino: Campión Xaime Martínez. Finalista Álex González.

Máis comentarios no noso Facebook!