XXIX Torneo de Tenis Nodosa-Cluteca
Inscrición
Presentamos o XXIX Torneo de Tenis Nodosa-Cluteca aos socios e socias de Cluteca e a todos e todas as amantes do tenis, neste 30 aniversario da fundación de Cluteca.
Agradecer especialmente neste aniversario o gran apoio do principal patrocinador do Torneo, Nodosa Group, que tras 28 edicións, segue presente un ano máis prestando a súa colaboración e animando ao club na celebración deste torneo xa clásico do verán de Cangas.
Nesta edición, como xa informamos a través da novas do club, a competición retrasarase a comezos do mes de agosto por mor das obras de rehabilitación das instalacións do CEIP de San Roque.
O regulamento o atoparedes nas seguintes Bases do Torneo.
Consultade o peche das inscripción no arquivo das bases.
Calquera solicitude de información adicional realizarase a través do mail, cluteca@gmail.com
A inscripción do Torneo realizarse na plataforma de Ibertenis.
Enlaces:
- A inscrición ás categorías da primeira semana remata o día 9 as 14 h (xógase do 12 ao 21): Infantil, Junior, +35, +55, Dobres masculino e TouchTennis sub 16 (xornada de iniciación e torneo gratuíto nos días 12,13 e 14)
- As categorías da segunda semana pechan inscricións o 16 ás 14 h (xógase do 19 ao 28): Alevín, Cadete, +45, Dobres mixto, Absoluto, Absoluto Non Federado e TouchTennis Absoluto (torneo do día 26 ao 28).
- Touchtennis: nova modalidade deportiva de tenis que se xoga nunha pista reducida e con raquetas e bolas especiais.
Achegarase o xustificante de pago a través do mail do club, cluteca@gmail.com.
Horario-Cadros
O seguemento do torneo (listaxes de xogadores/as, horarios, cadros e resultados) farase na web de Ibertenis, nos seguintes enlaces:
Resultados finais
O pasado domingo 28 de agosto celebráronse as derradeiras finais do Torneo nas novas e flamantes pistas de San Roque, tras dúas semanas de competición.
Desde o club queremos agradecer a tod@s @s asistentes á cita a vosa presenza, especialmente a da alcaldesa de Cangas, Victoria Portas, e á súa labor a prol de conseguir que estas instalacións recuperasen o estado que merecen os equipamentos deportivos do concello e tod@s @s @s deportistas.
E estes foron os resultados finais por categorías:
- Cadete: Campión Anxo Pesqueira, Finalista Álex González
- Júnior: Campión Xaime Martínez, Finalista Anxo Pesqueira
- Vet+35: Campión Nacho Trigo, Finalista Javi Palmás
- Vet+45: Campión Ricardo Vázquez, Finalista Javi Palmás
- Vet+55: Campión Berto Molanes, Finalista José Argimiro
- Absoluto Feminino: Campiona Sandra Fariña, Finalista Navia Otero
- Absoluto Masculino Non Federado: Campión Santi Domínguez, Finalista Álex Mera
- Absoluto Masculino: Campión Nacho Trigo, Finalista Alejandro Pérez
- Dobres masculino: Campións Jorge Bernárdez, Javi Palmás
- Touchtennis Sub. 16: Campión Hugo Piñeiro, Finalista Iris
- Touchtennis Absoluto: Campión Xaime Martínez, Finalista Xulián González