XXIV Torneo Aberto de Tenis Concello de Cangas

Inscrición

Presentamos o XXIV Torneo Abierto de Tenis Concello de Cangas que nesta nova edición volta ao seu calendario habitual de finais do mes de agosto, do 22 ao 31.

Agradecer especialmente  o  apoio do Concello de Cangas, que tras 23 edicións segue presente un ano máis prestando a súa colaboración e animando ao club na celebración deste torneo, xa un clásico do verán galego e onde se xuntan as mellores raquetas tanto da categoría feminina como masculina.

O regulamento o atoparedes nas seguintes Bases do Torneo.

Consultade o peche das inscripción no arquivo das bases.

Calquera solicitude de información adicional realizarase a través do mail, cluteca@gmail.com

A inscrición do torneo realizarse na plataforma de Ibertenis:

Achegarase o justificante de pago a través do mail do club, cluteca@gmail.com.

IMPORTANTE!

Publicada a listaxe de aceptación do cadro masculino. Lembramos aos xogadores que non teñan realizado o pago da inscrición ou ben sexan socios de Cluteca, que deben realizar o pago da mesma antes do sorteo de cadros (20 de agosto ás 20:00 h) e achegar o xustificante ao mail do club ou a escolacluteca@gmail.com, ou tamén ao teléfono do xuíz árbitro do torneo. A cota de inscrición da fase previa son 15 € e 25 € para os inscritos na fase final. Nº de conta: ABANCA: CLUB TENIS CANGAS – ES93 2080 5208 1630 4000 0744.

Horario-Cadros

O seguemento do torneo (horarios, cadros e resultados) farase na web de Ibertenis, no seguinte enlace:

Resultados finais

A 24ª edición do Torneo Aberto de Tenis Concello de Cangas reuniu a case 70 xogadores durante os últimos 10 días de agosto. Xogadores de toda España demostraron un alto nivel de tenis nas pistas de San Roque.
A categoría máis grande foi o Campionato Federado Masculino, onde os xogadores locais tiveron unha excelente actuación.

Na fase clasificatoria, tres dos catro xogadores clasificados para o sorteo final pertencen ao Club de Tenis Cangas: Alex González, Cedric Lezais e Anxo Pesqueira.

No cadro principal, mención especial para o xogador de Cluteca Xaime Martínez, que aproveitou con claridade a Wild Card que recibiu como campión do Torneo Nodosa do mes pasado. Cun excelente nivel de xogo, eliminou aos cabezas de serie 1 e 4 do cadro en partidos moi axustados para chegar á final. Neste encontro decisivo, a consistencia e a maior experiencia do seu opoñente, Borja Fernández, impediron que se convertese no primeiro xogador de Cluteca en gañar o torneo.

A final feminina disputárona Alma Granados e a madrileña Alexia Ozores, que remontara na semifinal un 4/6 1/5 en contra e contaba cun punto de partido contra Blanca Talín, no que posiblemente foi o seu mellor partido da tempada. Non obstante, no encontro decisivo, a efectividade da tudense Alma Granados superou o poderío de Ozores, facendo o título por 6/3 7/5.

Na tamén numerosa categoría Non Federada, Alex Mera impúsoxe 6/4 6/2 a Miguel Chapela.

O xogador madrileño Nico González venceu a Tiago Ibón por 6/3 6/4 na categoría Sub 16.

Onte domingo, despois das finais, celebrouse a entrega de trofeos e posterior recepción, onde os concelleiros Antón Iglesias e José Luis Gestido representaron ao Concello de Cangas.

Vaia o noso agradecemento a todos os asistentes ao Torneo, así como aos xuíces de silla e organización do evento. E como non, ao Concello de Cangas pola súa colaboración e apoio no encontro anual máis importante do Club e co que contamos para a vindeira edición.

Noraboa a todos os xogadores e xogadoras do torneo. Vémonos na vindeira XXV edición!

E para máis información, comentarios, fotos, non deixedes de visitar o noso Facebook
E tamén o noso Instagram