XXIII Torneo Aberto de Tenis Concello de Cangas

Inscrición

Presentamos o XXIII Torneo Abierto de Tenis Concello de Cangas que nesta nova edición volta ao seu calendario habitual de finais do mes de agosto, do 16 ao 25.

Agradecer especialmente  o  apoio do Concello de Cangas, que tras 22 edicións segue presente un ano máis prestando a súa colaboración e animando ao club na celebración deste torneo, xa un clásico do verán galego e onde se xuntan as mellores raquetas tanto da categoría feminina como masculina.

O regulamento o atoparedes nas seguintes Bases do Torneo.

Consultade o peche das inscripción no arquivo das bases.

Calquera solicitude de información adicional realizarase a través do mail, cluteca@gmail.com

A inscrición do torneo realizarse na plataforma de Ibertenis:

Achegarase o justificante de pago a través do mail do club, cluteca@gmail.com.

Horario-Cadros

O seguemento do torneo (horarios, cadros e resultados) farase na web de Ibertenis, no seguinte enlace:

Resultados finais

Este domingo 25 de agosto celebráronse as finais do Torneo nas pistas de San Roque, tras case dúas semanas de competición. 

Desde o club queremos agradecer a tod@s @s asistentes á cita a vosa presenza,  especialmente á Concelleira de Deportes, Sagrario Martínez, ao Concelleiro de Urbanismo, Antón Iglesias e membros da corporación municipal.

E estes foron os resultados finais en cada categoría:

  • Sub 14: Campión Tiago Fernández. Finalista Xián Freire. Semifinalistas Gael e Mateo.
  • Non federado: Campión Álex Mera. Finalista Pablo Lavandeira.
  • Absoluta feminina: Campiona Alma Granados. Finalista Carmen Seoane.
  • Absoluta masculina: Campión Iago Domínguez, Finalista Borja Fernández.

Máis comentarios no noso Facebook e Instagram