XXI Torneo de Tenis Primavera Malca-Cluteca

O Torneo constará de dúas fases; a primeira tipo liga por grupos e a segunda fases eliminatoria. Os partidos disputaranse os fins de semana preferente ou noutro día con previo acordo dos participantes e coñecemento da organización.

Inscrición

Data límite o 30 de abril.

Farase a través do seguinte formulario: Inscrición Torneo Primavera Malca-Cluteca

*Os datos solicitados no formulario serán unicamente utilizados para comunicar a información relativa ao torneo por parte da organización de Cluteca.

Nos seguintes documentos tedes as normas do torneo, cartel do mesmo e o calendario de partidos a celebrar nas pistas de Rodeira nestes meses de maio e xuño:

Ánimo a tod@s e boa competición!