Reserva de pista
Para o uso das pistas por parte d@s soci@s, será imprescindible a solicitude de reserva previa a través do botón situado na parte inferior da páxina (cluteca.com/reservas), indicando data e horario e o compromiso expreso do cumprimento dos requisitos esixidos nos Protocolos COVID, agardando sempre pola confirmación do club.
IMPORTANTE: o protocolo será de aceptación por todos os participantes na sesión reservada. En caso contrario, non se concedería a reserva dado que o concello retiraría o permiso para o uso da instalación.
A utilización das instalacións implica o cumprimento estricto do Protocolo COVID 19 de CLUTECA aceptado: «Os/as xogadores/as comprométense a cumprir as normas para a práctica deportiva, así como a realizar a limpeza e desinfección posterior do material e zonas comúns da instalación, todo baixo a súa única responsabilidade».
A reserva da pista farase obrigatoriamente con 12 horas de antelación, para facilitar a xestión das mesmas, e unicamente poderá reservarse unha sesión por día.
Á aplicación accederase cun usuario e contrasinal proporcionado polo club (@s soci@s poden solicitalo ao correo cluteca@gmail.com). Seleccionarase a casiña desexada (data e hora) e a continuación na pantalla de reserva que aparece cubrirase obrigatoriamente as dúas casiñas inferiores: Aceptación do cumprimento do protocolo COVID 19 de Cluteca e Indicación de se presenta síntomas compatibles co COVID 19.
Os síntomas máis frecuentes da enfermidade son os seguintes: febre, tos seca, cansanzo, dores e molestias, conxestión nasal, dor de cabeza, conxuntivite, dor de gorxa, diarrea, perda do gusto ou olfato, erupcións cutáneas, cambios de cor nos dedos de mans ou pes. No caso de presentar algún síntoma non se realizará a reserva e suspenderase a práctica deportiva.
Por último, no apartado Título da reserva indicarase se o xogo vai ser Individual ou Dobres, e en Descrición da reserva é necesario anotar o nome dos participantes (sempre soci@s que teñan solicitado o uso do sistema de reserva de pistas a través do mail), de un a tres, tanto para xogar en individual como dobres.