Política de privacidade
Infórmaselle de que os datos persoais que nos facilite voluntariamente, a través dos distintos formularios da web, serán incorporados a un ficheiro titularidade do Club de Tenis de Cangas, CLUTECA, con enderezo no Apdo. de Correos 195, 36940, Cangas (Pontevedra), que cumpre coas medidas de seguridade esixidas no Real Decreto 1720/2007 de 21 de decembro. A finalidade de dito ficheiro é a prestación e administración do servizo contratado ou solicitado, así como a realización de estatísticas e a remisión de informacións que o club poida efectuar nun futuro.
Mediante o envío dos mencionados formularios, o usuario autoriza que se lle envíe información e comunicacións a través de correo electrónico dos servizos de CLUTECA.
Así mesmo, o Club de Tenis de Cangas cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou teñan deixado de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na Lei Orgánica 3/2018, de 13 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitáis.
O usuario poderá revocar o consentimento prestado e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito ao Club de Tenis de Cangas, no enderezo Apdo. 195, 36940, Cangas (Pontevedra), ou ben a través do seguinte correo electrónico cluteca@gmail.com, identificándose debidamente e indicando de forma visible o concreto dereito que se exerce.
O Club de Tenis de Cangas adopta os niveis de seguridade correspondentes requiridos pola citada Lei Orgánica 3/2018 e demais normativa aplicable. Non obstante, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario.