Desde hoxe 10 de xuño, xa podedes facer a vosa inscrición na Escola de Verán 2025 de Cluteca, podendo manter horario ou facer cambios. Toda a información a tedes na sección da Escola, así como o enlace á inscrición. Lembrar … Read More
A Escola
Novas da Escola
Calendario Escola Semana Santa
Lembramos desde a Escola que, tal como tedes no calendario do curso para os meses de abril e maio, os días sinalados en vermello ou laranxa non teremos clases.
Calendario Escola de Nadal e outros
Lembramos desde a Escola que como tedes no calendario do curso, os días sinalados en vermello ou laranxa non teremos clases. Así mesmo, un ano máis Cluteca porá en marcha os Torneos 48 H e de Nadal, para os máis … Read More
A Escola de Tenis permanece aberta todo o ano excepto o mes de setembro. Poden asistir tódalas persoas interesadas en iniciarse ou perfeccionar este deporte. Os monitores do club están altamente cualificados para o ensino do tenis. Para poder asistir é preciso inscribirse previamente.
A escola imparte as clases no CEIP San Roque e en cursos de diferentes niveis: MINITENIS – INICIACIÓN – PERFECCIONAMENTO – COMPETICIÓN – ADULTOS. Na ficha atoparedes toda a información referente ás clases, tarifas ou seguro deportivo.

CURSO 2024-25
Enlace ao Calendario de clases do Curso 2024-25 (de outubro a xuño)
Enlace ao Formulario de inscrición para o Curso 2024-25 (a partir do 1 de setembro para soci@s e do día 5 para @s non soci@s)
No formulario atoparedes toda a información sobre as Normas Xerais da Escola, as tarifas actualizadas e o seguro da FGT.
E a continuación tedes unha previsión do horario por niveis:


ESCOLA DE VERÁN CLUTECA 2025
Os meses de xullo e agosto son tempo de tenis na Escola de Verán de Tenis de Cluteca, tanto para adult@s como para rapaces e rapazas, para todas as idades e niveis.
Como xa ven sendo habitual nos últimos anos, as clases dos nen@s serán en horario de maña, Lu/Me/Ve en San Roque para os grupos de competición e nivel alto, e os Ma/Xo en Rodeira para os grupos de menor idade/nivel.
Na actualidade, o Director Deportivo de CLUTECA, Jorge González Álvarez, é o responsable da Dirección da Escola e da coordinación do equipo de entrenadores da mesma, así como dos equipos federados que compiten no campionato galego por equipos.
Se queredes información máis detallada acerca do funcionamento da escola, dos grupos de clase ou organización dos horarios, poñédevos en contacto a través do teléfono 605037427 ou no mail escolacluteca@gmail.com.


O Programa Deportivo municipal é un conglomerado de actividades extraescolares que se ofertan dende a Concellaría de Deportes, para os nenos/as de educación infantil e primaria, dos 10 centros educativos do Concello de Cangas.
As actividades son impartidas polos monitores responsables dos propios clubs deportivos do municipio, xa que o obxectivo principal deste programa é dar a coñecer a actividade nos colexios, e se lles gusta que o seu tránsito a un club sexa máis sinxelo.
CLUTECA participa nestes programas desde a creación da súa Escola de Tenis, tendo sempre unha ampla acollida nos colexios de Cangas, facendo do tenis escolar unha ponte cara a participación posterior na Escola do club.
A finais de tempada, no mes de xuño, celébrase a Festa do Tenis Escolar como colofón das clases en San Roque e as levadas a cabo nos distintos colexios do Concello, nas que participan @s nen@s dos centros nos que o club imparte clases de tenis semanalmente, en colaboración coa Concellería de Deportes de Cangas e outros establecementos da vila.
Xogos, merenda, sorteo de diferentes premios donados por ditos establecimientos e moito tenis. E tamén un bo momento para ser solidarios e recadar fondos para diferentes organizacións.
Anotádevos para a vindeira Festa do Tenis 2025
