Aviso legal
1. Introdución
As presentes condicións xerais de uso da páxina web regulan os termos e condicións de acceso y uso de www.cluteca.com, propiedade do Club de Tenis de Cangas (en adiante CLUTECA), con domicilio no Apdo. 195, 36940, Cangas, Pontevedra, que o usuario deberá ler e aceptar para usar os servizos e información que se facilitan desde o portal. O mero acceso e/ou utilización do portal, de todos ou parte dos sets contados significa a plena aceptación das presentes condicións xerais de uso.
2. Condicións de acceso e uso
As presentes condicións xenerais de uso do portal regulan o acceso e a utilización do portal, incluindo os contidos e os servizos postos a disposición dos usuarios en e/ou a través do portal, ben polo portal, ben polos seus usuarios, ben por terceiros. Sen embargo, o acceso e a utilización de certos contidos e/ou servizos pode atoparse sometido a determinadas condicións específicas.
O usuario garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique a CLUTECA e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.
O usuario obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal, asumindo calquera responsabilidade que puidera derivarse do incumprimento de dita obriga.
3. Modificacións
CLUTECA resérvase o dereito de modificar en calquera momento as condicións xenerais de uso do portal. En todo caso, recoméndase consultar periódicamente os presentes termos de uso do portal, xa que poden ser modificados.
4. Responsabilidade do portal
CLUTECA non se fai responsable do contido das páxinas web ás que o usuario poida acceder a través das ligazóns establecidos na súa web e declara que en ningún caso procederá a examinar ou exercitar ningún tipo de control sobre o contido doutras páxinas da rede. Así mesmo, tampouco garantirá a dispoñibilidade técnica, exactitude, veracidade, validez ou legalidade de páxinas alleas á súa propiedade ás que se poida acceder por medio das ligazóns.
CLUTECA declara ter adoptado todas as medidas necesarias para evitar calquera dano que, aos usuarios da súa web, puideran derivarse da navegación pola súa páxina web. En consecuencia, CLUTECA non se fai responsable, en ningún caso, dos eventuais danos que pola navegación por Internet puidera sufrir o usuario.
5. Uso de cookies
Esta web non recolle nin almacena datos persoais dos seus visitantes. Unicamente, coa finalidade de ofrecerlle o mellor servizo a través desta páxina, e co obxecto de facilitar o seu uso, analízanse o número de páxinas visitadas, o número de visitas, así como a súa frecuencia de utilización.
Unicamente cando os usuarios da web deixan comentarios recopilamos os datos que se amosan no formulario e tamén a dirección IP para axudar á detección de spam.
Se emprega os formularios de contacto da web, pode optar por gardar o seu nome, dirección de mail e sitio web en cookies. Esto é para que non ter que completar os seus datos de novo cando deixe outro comentario e durarán un ano.
O contido incrustado de outros sitios web compórtase do mesmo xeito que se usuario tivese visitado dito sitio web, incluíndo uso de cookies ou recopilación de datos.
O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador de modo que se lle informe da recepción de cookies, podendo, se así o desexa, impedir que sexan instaladas no seu disco duro. Non obstante, para o acceso á web non será preceptiva a instalación de cookies.
6. Protección de datos
Infórmaselle de que os datos persoais que nos facilite voluntariamente, a través dos distintos formularios da web, serán incorporados á base de datos de CLUTECA de conformidade coas medidas de seguridade do Real Decreto 1720/2007 de 21 de decembro. A finalidade de dito ficheiro é a prestación e administración do servizo contratado ou solicitado, así como a remisión de informacións que CLUTECA poida efectuar nun futuro.
Mediante o envío dos mencionados formularios, o usuario autoriza que se lle envíe información e comunicacións a través de correo postal ou correo electrónico dos servizos de CLUTECA.
Así mesmo, CLUTECA cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou teñan deixado de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
O usuario poderá revocar o consentimento prestado e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito a CLUTECA, no seguinte enderezo: Apdo. 195, 36940, Cangas (Pontevedra), ou ben a través do seguinte correo electrónico cluteca@gmail.com, identificándose debidamente e indicando de forma visible o dereito que se exerce.
CLUTECA adopta os niveis de seguridade correspondentes requiridos pola citada Lei Orgánica 3/2018 e demais normativa aplicable. Non obstante, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros do usuario.