A situación deportiva do Club tras a recente publicación no DOG das novas medidas sanitarias xira en torno aos seguintes puntos:
- A Escola de Tenis segue sen arrancar mentres se manteña o peche do pavillón do CEIP de San Roque para calquera tipo de actividade deportiva allea ao centro educativo.
- Os equipos en competición do campionato galego (tres nestes momentos) seguen sen disputar os partidos na casa polo mesmo motivo anterior, o uso do pavillón de San Roque. Está solicitado ao centro poder utilizar as pistas exteriores.
- Tras a apertura das pistas municipais de tenis de Rodeira polo Concello, solicitouse un horario de uso para o club, pero unicamente se permite o entrenamento ou partido de xogadores federados, e o club ten que ter coñecemento de quen as usa para garantir o estricto cumprimento dos protocolos publicados en relación á normativa sobre o COVID 19.