O vindeiro sábado 26 de setembro celebrarase a Asemblea Xeral Anual Ordinaria de Cluteca 2020 que terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Cangas (1º Andar), estará aberta a tod@s @s soci@s do club e comezará a partir das 11 h.
Pregamos a asistencia do maior número de socias e socios a este encontro anual do noso club, que tivo que ser posposta no pasado mes de marzo e que pasado o verán volvemos a convocar tendo en conta a situación actual da pandemia.
Asimesmo, a partir das 12 h celebrarase a Asemblea Extraordinaria de Cluteca 2020, unicamente para @s soci@s numerari@s do club e que estará adicada á convocatoria do proceso electoral á Xunta Directiva do Club.
Debido a esta situación motivada polo COVID 19, solicitamos que acheguedes confirmación da asistencia no mail do club, cluteca@gmail.com, para tomar as medidas de seguridade e protocolos necesarios no local da xuntanza.
Agardamos a vosa presenza!