Debido á imposibilidade de organización dun torneo da envergadura do Aberto de Tenis Concello de Cangas por mor da situación sanitaria actual, a Xunta Directiva de Cluteca lanza unha proposta a todos os socios e socias para a celebración dun Torneo Social na segunda metade deste mes de agosto.
Se a situación o permite, nos próximos días achegaremos as bases do torneo, datas de inscrición e toda a información relativa ao desenvolvemento do mesmo e normativa de seguridade, agardando ter unha boa acollida e participación entre @s soci@s do club.
Bo tenis!