A Xunta Directiva de Cluteca quere informar a tod@s @s soci@s e persoas relacionadas coa celebración do Torneo de Tenis Nodosa-Cluteca no mes de xullo, que a edición 2020 non se celebrará por mor da situación de emerxencia sanitaria que nos tocou vivir este ano.
Son moitos os factores que sumados fixeron que se tomara esta decisión: a non disponibilidade do número suficiente de pistas (so as dúas exteriores de San Roque) motivado polo peche do pavillón e as pistas de Rodeira, as dificultades para garantir a seguridade sanitaria de participantes e público sen o apoio das institucións locais, ou poder desenvolver coma todos os veráns as actividades propias do club, como a escola ou a práctica do tenis por parte de socios e socias, cumprindo de xeito riguroso os protocolos publicados nesta web.
Agradecer moi especialmente desde o club a consideración con esta decisión e o apoio amosado polo patrocinador do Torneo, Nodosa Group, que leva mantendo o seu interese e colaboración nas xa 27 edicións celebradas, e con quen queremos de novo contar para a vindeira edición 2021 do torneo bandeira do club, o XXVIII Torneo de Tenis Nodosa-Cluteca. É o noso compromiso!