Este martes 30 de xuño reuníronse nas pistas de San Roque @s participantes da XXXIII Liga de Tenis do Morrazo Manolo Mañanita-Cluteca para a foto de grupo e celebración da pasada entrega de trofeos e agasallos patrocinados pola Tapería Manolo Mañanita. Desde o club todo o noso agradecemento polo seu apoio e patrocinio do torneo, agardando manter a colaboración durante moito tempo.

E a tod@s @s participantes grazas polo voso esforzo e dedicación ao tenis e á competición. No vindeiro mes de outubro voltaremos cunha nova edición da más lonxeva e competitiva liga de tenis do Morrazo.

Comments are closed.