Tras unha semana de dura competición, mañán domingo 31 de agosto terán lugar as finais do XXIV Torneo Aberto de Tenis Concello de Cangas, nas súas diferentes categorías. Comezaremos ás 10:00 h e ao remate, como xa é tradición, teremos a entrega de trofeos e a invitación para todos os asistentes aos merecidos pinchos unha vez pasadas todas as tensións do xogo.
Agardámosvos mañán!