Un novo éxito dos equipos do club que participan no Campionato Galego por Equipos da FGT. 

O equipo de +45 conseguiu o título da 1ª División da categoría frente ao Club Universitario de Santiago por un contudente 4-2.

Asimesmo o equipo da categoría Absoluta de Plata disputou a final fronte ao Club Tenis Coruña e acadou o ascenso á División de Ouro, a máis alta a nivel galego, unha vez máis.

E en +60 encamíñanse cara un novo éxito disputando o vindeiro fin de semana a semifinal previa.

Agardamos novas!

Consultade o noso Facebook e Instagram para máis información.

(Imaxe, Faro de Vigo)

Comments are closed.