XXII Torneo Aberto de Tenis Concello de Cangas

Inscrición

Presentamos o XXII Torneo Abierto de Tenis Concello de Cangas que volta despois de tres anos sen celebrar por mor da pandemia, e coincidindo co  30 aniversario da fundación de Cluteca.

Agradecer especialmente  o  apoio do Concello de Cangas, que tras 21 edicións segue presente un ano máis prestando a súa colaboración e animando ao club na celebración deste torneo, xa un clásico do verán galego e onde se xuntan as mellores raquetas tanto da categoría feminina como masculina.

O regulamento o atoparedes nas seguintes Bases do Torneo.

Consultade o peche das inscripción no arquivo das bases.

Calquera solicitude de información adicional realizarase a través do mail, cluteca@gmail.com

A inscrición do torneo realizarse na plataforma de Ibertenis:

Achegarase o justificante de pago a través do mail do club, cluteca@gmail.com.

 

Reseña da presentación do Torneo na Casa da Xuventude do Concello de Cangas, Faro de Vigo, 26/8/2023.

Horario-Cadros

O seguemento do torneo (horarios, cadros e resultados) farase na web de Ibertenis, no seguinte enlace:

Resultados finais

O pasado domingo 3 de setembro celebráronse as finais do Torneo nas pistas de San Roque, tras case dúas semanas de competición. 

Desde o club queremos agradecer a tod@s @s asistentes á cita a vosa presenza,  especialmente a da alcaldesa de Cangas, Araceli Gestido e ao concelleiro Antón Iglesias.

E estes foron os resultados finais en cada categoría:

  • Sub 14: Campión Iago Otero. Finalista Bruno Costa.
  • Non federado: Campión Cedric Lezais. Finalista Álex Mera.
  • Absoluta feminina: Campiona Sofía Sanpedro. Finalista Lucía Rodríguez.
  • Absoluta masculina: Campión Iago Domínguez, Finalista Iago Salvador.

Máis comentarios no noso Facebook!