Neste ano do 30 aniversario do club, Cluteca volve a poñer a disposición de tod@s vós a Lotería de Nadal, co nº 19954. Falade con calquera membro da directiva ou os rapaces da escola para facervos cunha participación, ou varias.
Tamén vos informamos sobre o comezo da Liga de Tenis do Morrazo o pasado fin de semana, na súa 30 edición tamén. Para os participantes xa tedes o calendario, normas e xornadas no apartado Competición da web. E estreamos novo patrocinador, a empresa Marport.
E apuntar tamén que para a celebración deste 30 aniversario, o club encargou camisetas conmemorativas para os xogadores da Liga e para tod@s aquel@s soci@s que así o desexen. Poñédevos en contacto tamén con algún membro da directiva.
Comments are closed.