XXIX Torneo de Tenis Nodosa-Cluteca

Inscrición

Presentamos o XXIX Torneo de Tenis Nodosa-Cluteca aos socios e socias de Cluteca e a todos e todas as amantes do tenis, neste 30 aniversario da fundación de Cluteca.

Agradecer especialmente neste aniversario o  gran apoio do principal patrocinador do Torneo, Nodosa Group, que tras 28 edicións, segue presente un ano máis prestando a súa colaboración e animando ao club na celebración deste torneo xa clásico do verán de Cangas.

Nesta edición, como xa informamos a través da novas do club, a competición retrasarase a comezos do mes de agosto por mor das obras de rehabilitación das instalacións do CEIP de San Roque.

O regulamento o atoparedes nas seguintes Bases do Torneo.

Consultade o peche das inscripción no arquivo das bases.

Calquera solicitude de información adicional realizarase a través do mail, cluteca@gmail.com

A inscripción do Torneo realizarse na plataforma de Ibertenis.

Enlaces:

  • A inscrición ás categorías da primeira semana remata o día 9 as 14 h (xógase do 12 ao 21): Infantil, Junior, +35, +55, Dobres masculino e TouchTennis sub 16 (xornada de iniciación e torneo gratuíto nos días 12,13 e 14)
  • As categorías da segunda semana pechan inscricións o 16 ás 14 h (xógase do 19 ao 28): Alevín, Cadete, +45, Dobres mixto, Absoluto, Absoluto Non Federado e TouchTennis Absoluto (torneo do día 26 ao 28).
  • Touchtennis: nova modalidade deportiva de tenis que se xoga nunha pista reducida e con raquetas e bolas especiais.

 

Achegarase o xustificante de pago a través do mail do club, cluteca@gmail.com.

Horario-Cadros

O seguemento do torneo (listaxes de xogadores/as, horarios, cadros e resultados) farase na web de Ibertenis, nos seguintes enlaces:

Resultados finais

O pasado domingo 28 de agosto celebráronse as derradeiras finais do Torneo nas novas e flamantes pistas de San Roque, tras dúas semanas de competición. 

Desde o club queremos agradecer a tod@s @s asistentes á cita a vosa presenza,  especialmente a da alcaldesa de Cangas, Victoria Portas,  e á súa labor a prol de conseguir que estas instalacións recuperasen o estado que merecen os equipamentos deportivos do concello e tod@s @s @s deportistas.

E estes foron os resultados finais por categorías:

  • Cadete: Campión Anxo Pesqueira, Finalista Álex González
  • Júnior: Campión Xaime Martínez, Finalista Anxo Pesqueira
  • Vet+35: Campión Nacho Trigo, Finalista Javi Palmás
  • Vet+45: Campión Ricardo Vázquez, Finalista Javi Palmás
  • Vet+55: Campión Berto Molanes, Finalista José Argimiro
  • Absoluto Feminino: Campiona Sandra Fariña, Finalista Navia Otero
  • Absoluto Masculino Non Federado: Campión Santi Domínguez, Finalista Álex Mera
  • Absoluto Masculino: Campión Nacho Trigo, Finalista Alejandro Pérez
  • Dobres masculino: Campións Jorge Bernárdez, Javi Palmás
  • Touchtennis Sub. 16: Campión Hugo Piñeiro, Finalista Iris
  • Touchtennis Absoluto: Campión Xaime Martínez, Finalista Xulián González