Este ano Cluteca vai poñer novamente a vosa disposición Lotería de Nadal, coma xa é tradicional no club, tras o parón causado o pasado ano pola situación sanitaria causado polo Covid-19. Por primeira vez nos 30 anos do club, que cumpriremos o vindeiro 2022, cobrarase un recargo de 1 € por cada 4 € en xogo na participación, recargo destinado a sufragar parte do custo das novas equipacións dos equipos do club (que xa van por 9 nesta tempada). Xogamos co número 83964 e xa podedes poñervos en contacto con calquera membro da xunta directiva ou na escola para adquirir as vosas participacións.
Os menores interesados e que xogan nos equipos, poderán vender participacións de lotería e así tamén sufragar parte do custo da súa equipación (1 € por participación vendida). Tod@ soci@ ou alumn@ da escola poderá adquirir a equipación o unha parte da mesma. Se conseguimos a colaboración dalgún patrocinador, o prezo podería ser incluso menor.
Achegamos tamén un cuestionario de Google que debedes cubrir para facer a estimación das reservas de equipacións e tallas. É importante que indiquedes quen estaría interesado para poder solicitar mostras para probar antes de realizar o pedido.
Para calquera dúbida contactade co noso Director Deportivo, Jorge González (605037427) ou a través do mail do club.