Informamos que o día 17 de marzo a Federación Galega de Tenis fixo unha actualización dos seguintes protocolos de actuación fronte o COVID 19:
- Protocolo de competición individual
- Protocolo de competición por equipos
- Protocolo escolas
A modificación fundamental refírese ao contacto dos xogadores coas bolas, xa que ata esta data cada xogador/a podía tocar coas mans unicamente as bolas asignadas e a partir de agora poderase xogar con tres bolas e sen restrinxir o contacto coas mesmas.
Ademais, a FGT publicou no día de onte unha nova guía simplificada de medidas COVID-19 achegada pola Secretaría Xeral para o Deporte.