O sábado 20 de xuño celebraremos a cea anual do club no hotel «Las Vegas», como xa ven sendo tradicional. Nela entregaranse os trofeos da XXXIII Liga de Tenis do Morrazo patrocinada nesta edición por Manolo Mañanita e tamén os … Read More
Home – Call to Action
Novas recentes
2ª Fase do XXV Torneo de Primavera Malca-Cluteca
Xa tedes os calendarios coas xornadas e partidos dos cadros finais polo Campionato e o de Consolación da 2ª fase do Torneo. Consultádeas xa que comeza o vindeiro fin de semana!
XXV Festa do Tenis Escolar Cluteca
O vindeiro sábado 6 de xuño pola mañán celebrarase a XXV Festa do Tenis Escolar 2026 de Cluteca, polo que ese día non haberá clases. Animádevos a participar e así poñer o remate á tempada da escola de tenis!
Cluteca, Cangas e o Tenis
As actividades organizadas por CLUTECA son numerosas e variadas, destacando as orientadas á promoción do tenis entre os máis pequenos e pequenas. Organizamos ao longo do ano un grande número de torneos na vila de Cangas nos que participan os e as mellores tenistas de Galicia. A Escola de Tenis, que funciona durante todo o ano, é para nós un dos pilares fundamentais na práctica do tenis. Ademais contamos con diferentes equipos federados participando nos torneos organizados pola Federación Galega de Tenis.
A Escola
Poñemos a disposición dos participantes da escola clases en grupos de iniciación, perfeccionamento e competición para todas as idades. Tenis para tod@s!
Competición
Contamos tanto con competicións federadas como non federadas en distintos formatos. Podes anotarte tanto á liga anual como a torneos estacionais, nos que poderás atopar ás mellores raquetas da comunidade, ou defender as cores do club participando cos equipos no Campionato Galego.
Contacto
Información
Mail: cluteca@gmail.com
Mail Escola: escolacluteca@gmail.com
Enderezo postal: Apdo. 195. Cangas, Pontevedra, 36940
Teléfonos Directiva: 6504241 36 – 650424135 – 650424134 – 650424133
Teléfono Escola: 605037427
Instalacións:
Como chegar
CEIP San Roque
As instalacións principais de CLUTECA están situadas no CEIP San Roque, na Rúa do Tobal 30, en Cangas, Pontevedra, 36949.
Contamos con dúas pistas exteriores e tres pistas cubertas no pavillón do CEIP.

