O pasado 25 de abril de 2026 celebrouse na localidade luguesa de Vilalba a XXXIV Festa do Tenis da FGT onde Cluteca recolleu os froitos do grande esforzo dos equipos en competición no Campionato Galego en forma de diversos trofeos en varias das categorías: Campión Galego Veteranos +55 2ª Div. 2023, Campión Galego Veteranos +55 1ª Div. 2024, Campión Galego Veteranos +60 1ª Div. 2025, Campión Galego Veteranos +45 1ª Div. 2025, e Subcampión Galego Absoluto Masculino Div. Prata 2025. Noraboa a todos!
Así mesmo, foi galardoado tamén co Premio a Mellor Técnico de 2025 o director deportivo e responsable da escola de tenis de Cluteca, Jorge González, ao que queremos recoñecer o seu gran traballo e esforzo en favor do tenis e a súa difusión e práctica no noso concello. Noraboa!
