Desde a Directiva e a Escola do Club queremos trasladar a nosa profunda indignación ante a situación das instalacións de San Roque. Tras a cancelación unilateral por parte do Concello da reunión que debía darnos solucións o pasado luns 9 de febrero, a situación é a seguinte:

A reparación feta non cumpre cos estándares de seguridade e requírese unha contratación de urxencia para amañar os problemas.

O Concello non dá prazos nin explicacións aos clubs, e non ofrece ningunha alternativa de espazo para adestrar ou competir.

Neste momento máis de 100 persoas na Escola, 50 nas diferentes categorías da Liga do Morrazo, familias e 5 equipos federados están «na rúa» sen poder exercer a súa actividade deportiva.

Desde o Club non nos quedamos de brazos cruzados, buscamos alternativas en diferentes instalacións municipais, pero o problema é o mesmo en todas: a falta de horarios dispoñibles.

Non pedimos privilexios, pedimos que os nosos deportistas poidan volver á súa actividade en condicións seguras e co respecto que merecen por parte das súas institucións.

Manterémosvos informados de calquera avance. Grazas pola vosa paciencia e apoio.

Comments are closed.