Un ano máis a directiva do club propón a tod@s @s soci@s xuntarmos nunha cea para celebrar o transcurso dunha tempada máis, e de paso salientar o traballo desenvolvido na escola, nos equipos e os torneos ao longo da mesma.
Dita cea terá lugar o vindeiro sábado 29 de xuño no Hotel Las Vegas en Darbo, ás 22:30 h.
No acto farase entrega dos trofeos correspondentes á XXXI Liga de Tenis do Morrazo Marport, ao XXIII Torneo de Tenis Primavera Malca-Cluteca que rematará o domingo 16 de xuño coas finais de todas as categorías, así como un recoñecemento á labor desenvolvida polos equipos federados do club que participan no Campionato Galego por Equipos da FGT.
Facemos extensiva a celebración aos socios colaboradores de Cluteca, sen os cuais sería moito máis dificil a organización das competicións e torneos que se desenvolven regularmente cada tempada.

Lembrade facer á reserva da vosa participación (incluindo o nº de persoas asistentes) achegando un mail ou comunicándoo a calquera membro da xunta directiva antes do 25 de xuño.

Contamos convosco. Grazas pola vosa asistencia.

Comments are closed.