O vindeiro sábado 9 de marzo celebrarase a Asemblea Xeral Anual Ordinaria de Cluteca 2024 que terá lugar na Casa da Xuventude (Rúa Real, 29, 1º andar) e estará aberta a tod@s @s soci@s do club e comezará a partir das 11 h.
De seguido terá lugar unha Asemblea Xeral Extraordinaria de Cluteca 2024, que comezará a partir das 12 h. Pregamos a asistencia do maior número de socias e socios numerarias/os a este evento que se celebrará a continuación da Asemblea Xeral Ordinaria e estará adicada á convocatoria ao proceso electoral á Xunta Directiva do Club.