Presentamos o XXII Torneo Abierto de Tenis Concello de Cangas que volta despois de tres anos sen celebrar por mor da pandemia, e coincidindo co  30 aniversario da fundación de Cluteca.

Agradecer especialmente  o  apoio do Concello de Cangas que tras 21 edicións segue presente un ano máis prestando a súa colaboración e animando ao club na celebración deste torneo, xa un clásico do verán galego e onde se xuntan as mellores raquetas tanto da categoría feminina como masculina.

Toda a información sobre o torneo, inscrición, seguemento, etc, a atoparedes na sección de Competición.

Comments are closed.