Queremos convidarvos a tod@s este fin de semana ás diferentes actividades que imos organizar para acompañar as finais do torneo. Durante a mañá do sábado, entre as 10 e as 13 h comezará o Torneo Absoluto de Touchtennis, cunha fase de grupos na que os mellor clasificados serán cabezas de serie na xornada do domingo. O domingo disputarase desde as 10 ho cadro final do devandito torneo, ao que se poderá anotar calquera xogador independentemente de se disputou ou non a xornada do sábado. A partir das 11 h do domingo poderase ver unha exposición de raquetas antigas e a súa evolución desde as orixes á actualidade. Completaremos as actividades para o domingo cun concurso de saques, onde se terá en conta potencia e precisión para buscar ao mellor sacador do club!!! A partir das 13:30 h procederase coas entregas de premios de todas as categorías disputadas e os petiscos para despedir está edición do torneo.

Comments are closed.