O sábado 30 de abril terá lugar ás 12:00 h a entrega de trofeos da XXIX Liga de Tenis do Morrazo-Ghato de Mar, que entra na súa recta final da segunda fase nestes días. O prazo para xogar partidos atrasados será ata o día 29 de abril.

O lugar da entrega será a terraza do Ghato de Mar, patrocinador deste torneo, e agardamos a presenza dos tres primeiros clasificados correspondentes aos catro grupos do torneo. E como non, tamén a do resto de participantes que queirades compartir con nós este momento. 

Comments are closed.