O Club de Tenis de Cangas, Cluteca, renuncia por segundo ano á realización do «Torneo Aberto do Concello de Cangas de Tenis» por mor da pandemia e polas dificultades que esta situación esixe, engadido ao feito de contar só con dúas pistas dispoñibles para levalo a cabo. As pistas exteriores do CEIP de San Roque non se atopan en condicións de ser utilizadas polo seu deficiente estado.
Agardamos e desexamos para o vindeiro 2022 retomar este torneo que conta cunha grande aceptación non só a nivel autonómico, xa que nos últimos anos acudiron xogadores e xogadoras de Asturias, León, Salamanca, Madrid ou Barcelona, amosando en todas as edicións un alto nivel de xogo e participantes.