A XXVIII edición do torneo Nodosa-Cluteca vai chegando ao seu fin xa na súa terceira semana de competición. O vindeiro domingo 18, a partir das 10:00, terán lugar as derradeiras finais do torneo e ao seu remate procederemos á entrega de trofeos de todas as categorías.

Tamén rendiremos un pequeno gran homenaxe ás e aos xogadores dos equipos de Cluteca no Campionato Galego por Equipos, logo de rematar unha magnífica tempada onde acadaron os mellores resultados da historia do club. Noraboa a tod@s!

Agardamos que sexa unha gran xornada de tenis para todas e todos os que formamos parte da familia Cluteca!

Comments are closed.