No día de hoxe, celebrada a Asemblea Xeral Extraordinaria no Salón de Plenos do Concello de Cangas, queda aberto o calendario electoral para a elección de nova Xunta Directiva do Club de Tenis de Cangas, Cluteca.

Segundo os Estatutos do Club, a convocatoria electoral permanecerá exposta desde hoxe na sede do club, na caseta de Rodeira, durante o período indicado. Asimesmo podedes consultala aquí: Convocatoria electoral. Nela establécense os prazos que rexerán o procedemento a seguir para a elección da nova Xunta Directiva.

Indicar tamén que a listaxe de socios e socias numerarias, por motivos de protección de datos, non será exposta conxuntamente á convocatoria, quedando á disposición dos mesmos a través de solicitude no mail do club.

Comments are closed.