Nestas primeiras semanas do mes de setembro estamos a traballar coa Concellería de Deportes de Cangas na posta en marcha de novo das actividades do club, tanto na Escola como nos torneos e o xogo libre para os socios e socias de Cluteca. Desde o 10 de Setembro xa non se poderá reservar pista nas instalacións de San Roque para a práctica libre, quedando pendente a posta en marcha da nova organización de espazos municipais e horarios na que está traballando o Concello.
Igualmente informar que a principios de outubro comezará o novo curso da Escola de Tenis 20-21 e que podedes solicitar información sobre os grupos poñéndovos en contacto co Director Deportivo, Jorge González, para perfilar os horarios.
Lembrar que seguimos dentro das medidas excepcionais de cumprimento dos Protocolos Covid esixidos polo Concello, Xunta de Galicia e Federación Galega de Tenis para as actividades deportivas e que agardamos que isto non faga decaer o voso interese pola práctica do nosos deporte.
Moito ánimo e moito tenis!