A Xunta Directiva de Cluteca quere informar a tod@s @s soci@s e xogador@s que a edición 2020 do Torneo Aberto de Tenis do Concello de Cangas non se celebrará este mes de agosto por mor da situación de emerxencia sanitaria pola que estamos a atravesar este ano.

Entre outros factores, as dificultades para garantir a seguridade sanitaria de participantes e público sen contar coa necesaria colaboración das institucións locais, poder desenvolver con toda normalidade as actividades propias do club nos meses de verán como a escola ou a práctica do tenis por parte de socios e socias, e o estricto cumprimento dos protocolos publicados nesta web e polas administracións e FGT, fan que a organización do máis importante dos torneos anuais de Cluteca sexa imposible de asumir polo club.

Todo o noso agradecemento para os e as participantes das máis de vinte edicións celebradas ata o de agora e con quen queremos de novo contar para a vindeira edición no 2021 do XXII Torneo Aberto de Tenis Concello de Cangas. Vémonos o ano que ven!

Comments are closed.